Zumba Kids

Ideal para os seguidores de Zumba® máis novos. Os nenos teñen a oportunidade de manterse activos e bailar ao ritmo da súa música favorita.

As clases de Zumba® Kids ofrecen rutinas pensadas para nenos sobre a base das coreografías orixinais de Zumba®. Os pasos apréndense aos poucos, e agregamos xogos, actividades e elementos de exploración cultural á estrutura da clase. Axuda a desenvolver un estilo de vida saudable e incorpora o acondicionamento físico como parte natural da vida dos nenos a través dun adestramento divertido.

As clases incorporan valores claves para o desenvolvemento dos nenos, tales como liderado, respecto, traballo en equipo, confianza, autoestima, memoria, creatividade, coordinación e conciencia cultural.



Zumba Kids "Mini" (3 a 5 anos)

Zumba Kids 5 a 7 anos

Zumba Kids 7 a 10 anos (Dous grupos)

TAMÉN TEMOS ZUMBA TEEN…A PARTIR DE 11 ANOS

Volver