Zumba Gold

A zumba é unha mestura de ritmos latinos: salsa, merengue, flamenco ou bachata, e exercicios aeróbicos que se converteu na rutina de moda para perder peso. Trátase dunha disciplina fitness e o seu nome é un derivado da palabra rumba, que é como os colombianos denominan coloquialmente ás festas.

Quen a practica aseguran que a clave para que a zumba sexa o exercicio estrela para perder peso radica na mestura de ritmos rápidos e lentos combinados con series de exercicios, co que, ademais de baixar eses quilos de máis que tanto custa eliminar, tonificamos nosa musculatura.

A especialidade GOLD consiste en adaptar esta actividade a persoas de maior idade, tendo en conta as necesidades específicas desta etapa da vida. As coreografías están compostas polos exercicios máis adecuados para este sector adulto sen perder o espíritu de diversión que caracteriza a actividade de Zumba.

Volver