Zumba

A zumba é unha mestura de ritmos latinos: salsa, merengue, flamenco ou bachata, e exercicios aeróbicos que se converteu na rutina de moda para perder peso. Trátase dunha disciplina fitness e o seu nome é un derivado da palabra rumba, que é como os colombianos denominan coloquialmente ás festas.

A zumba naceu cando o seu creador, a finais dos 90, era profesor nun ximnasio. Un día esqueceuse da música para a clase, así que non o dubidou nin un momento, foi ao seu coche e colleu algúns dos cds de música que levaba, na súa maioría música latina. Tal foi o éxito daquela clase que decidiu convertelo na disciplina deportiva que é hoxe, e que en moi pouco tempo comezou a ter éxito e fama internacional.

Quen a practica aseguran que a clave para que a zumba sexa o exercicio estrela para perder peso radica na mestura de ritmos rápidos e lentos combinados con series de exercicios, co que, ademais de baixar eses quilos de máis que tanto custa eliminar, tonificamos nosa musculatura.

Volver