PequeMusic

Experimentamos coa percusión corporal, de obxectos ou instrumentos. Iniciámonos no manexo do teclado, xilófono, frauta ou calquera outro instrumento ao noso alcance, e coñeceremos moitos máis en clase.

Asentaremos as bases da linguaxe da música: tras a experimentación musical rítmica e melódica, iremos aprendendo a linguaxe escrita e a súa interpretación, así como crearemos nosa propia música a partir dos primeiros conceptos que coñezamos. Un método onde a creatividade e a interacción continua son protagonistas e onde a motivación do alumno está garantida.



¡¡¡ Ideal para nenos de 3 a 5 anos !!!

Volver