Fitness para Embarazadas

Facer exercicio durante o embarazo ten resultados maravillosos para a saúde da futura nai. Mellora o seu estado de ánimo, axúdalle a durmir mellor e diminúe as dores e molestias típicos do embarazo. Tamén se "adestra" para o parto, fortalecendo os músculos e mellorando a resistencia, e fai que recupere máis rapidamente a forma despois do nacemento do seu bebé.

A actividade física ideal é a que exercita o corazón, mantén o corpo flexible, controla o aumento de peso e prepara a musculatura sen que isto represente un esforzo esaxerado, nin para ela nin para o bebé.

As actividades que suxerimos adoitan ser seguras para as mamás embarazadas, aínda que algunhas non as poidan facer durante os últimos meses de embarazo. Con todo, sempre é recomendable consultar co xinecólogo antes de empezar un programa de exercicios físicos.

Volver